Ficheiro Léame do OpenOffice 4.1.6

Para as últimas atualizacións deste ficheiro LEAME, ver http://www.openoffice.org/welcome/readme.html

Este ficheiro contén información importante sobre este programa. Léaa con atención antes de iniciar o seu traballo.

A comunidade Apache OpenOffice, responsábel do desenvolvemento deste produto, convídao a participar como un membro da comunidade. Como novo usuario, pode navegar no sitio da comunidade OpenOffice que contén informacións útiles para o usuario en http://openoffice.apache.org

Lea tamén as seccións abaixo indicadas sobre como familiarizarse co proxecto Apache OpenOffice.

É OpenOffice realmente gratis para calquera?

OpenOffice é de uso libre por calquera persoa. Vostede pode coller esta copia do OpenOffice e instalala en tantos computadores como queira, e usalo para calquera propósito que queira (incluído comercial, gobernamental, administración pública e uso educativo). Para máis detalles vexa a licenza entregada canda o OpenOffice ou http://www.openoffice.org/license.html

Por que OpenOffice é gratis para calquera persoa?

Vostede pode usar hoxe esta copia de OpenOffice libre de cargo porque persoas individuais e patrocinadores corporativos deseñaron, desenvolveron, testaron, traduciron, documentaron, deron asistencia, publicidade e axudaron doutras moitas maneiras a facer OpenOffice o que é hoxe en día - a suite ofimática máis importante do mundo feita con software libre.

Se aprecia os esforzos e lle gustaría que a Apache OpenOffice continúe dispoñíbel no futuro, considere facer a súa contribución co proxecto - para máis detalles vexa http://openoffice.apache.org/get-involved.html para máis detalles en colaborar con tempo e http://www.apache.org/foundation/contributing.html para detalles sobre doazóns. Todo o mundo pode contribuír dalgunha maneira.

Notas sobre a instalación

OpenOffice require unha versión recente de JAVA para unha total funcionalidade; JAVA pode descargarse de http://java.com.

Requirimentos do sistema

Hai unha grande variedade de distribucións de Linux, e mesmo coa mesma distribución pode haber diferentes opcións de instalación (KDE ou Gnome, etc.). Algunhas distribucións traen a súa versión propia de OpenOffice, que pode ter diferentes características da versión da comunidade de OpenOffice. Ás veces pode instalar a versión da comunidade de OpenOffice xunto coa versión da distribución. No entanto, normalmente é máis seguro retirar a versión da distribucións antes de instalar a versión da comunidade. Consulte a documentación da súa distribución para obter instrucións de como facer isto.

Recoméndase que sempre faga unha copia de seguranza do seu sistema antes de instalar ou retirar software.

Asegúrese de que ten suficiente memoria libre no cartafol temporal do seu sistema e que posúe dereitos de lectura, gravación e execución. Peche todos os outros programas antes de iniciar a instalación.

Problemas durante a inicialización do programa

Se ten problemas ao iniciar OpenOffice (especialmente usando Gnome), «desconfigure» a variábel de entorno SESSION_MANAGER do shell utilizada para iniciar OpenOffice. Pode facer isto engadindo a liña «unset SESSION_MANAGER» ao inicio do script do shell de soffice que se atopa no cartafol «[cartafol office]/programa».

Os problemas ao iniciar OpenOffice (p.ex. aplicativo colgado) ou as dificultades coa pantalla adoitan ser debidos aos controladores da tarxeta gráfica. Se ocorre este problema, actualice os controladores da súa tarxeta gráfica ou trate de usar os controladores que se lle entregaron co sistema operativo. Os problemas para visualizar obxectos 3D adoitan solucionarse desactivando a opción "Usar OpenGL" no menú 'Ferramentas - Opcións - OpenOffice - Ver - Visualización 3D'.

Teclas de atallo

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en OpenOffice son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Por iso, se algunha combinación de teclas non funciona en OpenOffice conforme se describe na Axuda de OpenOffice, comprobeverifique se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, altere as teclas atribuídas polo seu sistema operativo ou modifique as atribucións de teclas de OpenOffice. Para obter máis información, consulte a Axuda de OpenOffice ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.

Bloqueo de ficheiros

O bloqueo de ficheiros está activado de modo predeterminado en OpenOffice. Nunha rede co protocolo NFS (Network File System), o demoño de bloqueo para clientes NFS debe estar activo. Para desactivar o bloqueo de ficheiros, edite o script soffice e cambie a liña "export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING" a "# export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING". Se desactiva o bloqueo de ficheiros, non haberá restrición de aceso de escritura dun documento para o usuario que primeiro abra o documento.

Aviso: O bloqueo de ficheiros pode causar problemas con Solaris 2.5.1 e 2.7 cando se utiliza con Linux NFS 2.0. Se o entorno do seu sistema ten estes parámetros, recomendámoslle que evite usar o bloqueo de ficheiros. De non o facer, OpenOffice ficará trabado sempre que tente abrir un ficheiro dun cartafol montado por medio de NFS nun computador con Linux.

Notas importantes de accesibilidade

Para máis detalles sobre características de acessibilidade no OpenOffice, ver http://www.openoffice.org/access/

Asistencia do usuario

A páxina principal de asistencia http://support.openoffice.org/ ofrece varias posibilidades para obter axuda sobre OpenOffice. A súa pregunta pode xa ter sido respondida - busque no foro da comunidade en http://forum.openoffice.org ou busque nos arquivos da lista de discusión «users@openoffice.apache.org» en http://openoffice.apache.org/mailing-lists.html. Alternativamente, pode enviar as súas preguntas a users@openoffice.apache.org. Sobre como subscribirse á lista (e recibir a súa resposta), vexa esta páxina: http://openoffice.apache.org/mailing-lists.html..

Visite tamén a sección de FAQ en http://wiki.openoffice.org/wiki/Documentation/FAQ.

Informar de erros & incidencias

O sitio web de OpenOffice aloxa o BugZilla, o noso mecanismo de xeración de informes, seguimento e solución de erros e incidencias. Animamos os usuarios a que se sintan incluídos e saiban benvidos os informes sobre os problemas que poidan xurdir na súa plataforma. O informe activo de problemas é unha das maiores contribucións que a comunidade de usuarios pode ofrecer ao desenvolvemento e mellora do conxunto dos programas.

Participación

A Comunidade OpenOffice sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

Como usuario, vostede xa é unha parte valiosa do proceso de desenvolvemento da suite e gustaríanos animalo a desempeñar un papel aínda máis activo como colaborador habitual da comunidade. Únase e visite a páxina de usuario en: http://openoffice.apache.org/get-involved.html

Como comezar

A mellor maneira de colaborar é subscribirse a unha ou máis de nosas listas de correo, observar durante algún tempo e gradualmente utilizar os arquivos de correo para se familiarizar cos varios temas abordados desde que o código fonte da OpenOffice foi liberado en outubro de 2000. Cando estea confortable, todo o que necesita facer é enviar un correo presentándose e logo participando desde dentro.

Subscribirse

Eís algunhas listas de discusión interesantes sobre OpenOffice ás que se subscribir en http://openoffice.apache.org/mailing-lists.html

Participar no proxecto

Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con manexo do código ou co deseño de software. Si, vostede mesmo!

En http://openoffice.apache.org/get-involved.html atopará proxectos que van da localización, control de calidade, asistencia a usuarios e mesmo algún proxectos de verdadeira programación do núcleo. No caso de non ser programador, probe co proxecto de documentación ou co de mercadotecnia. O proxecto de mercadotecnia de OpenOffice está a aplicar técnicas comerciais aventuradas e tradicionais para comercializar o software de código aberto, rompendo barreiras culturais e de idioma. Por iso, pode axudarnos simplemente recomendando a un amigo este paquete ofimático.

Pode axudar subscribídose á lista marketing@openoffice.apache.org onde pode fornecer contactos coa prensa, xornais, axencias do goberno, consultores, escolas, grupos de usuarios de linux e desenvolvedores do seu país e comunidade local.

Esperamos que aprecie traballar co novoOpenOffice 4.1.6 e que se una a nós en liña.

A comunidade de Apache Open Office