Aplicar e editar cambios

Formata o ficheiro automaticamente segundo as opcións configuradas en Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática. Nun diálogo pregúntase se se aceptan ou rexeitan os cambios.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ferramentas - Corrección automática - Aplicar e editar cambios.


Aceptar todas

Aplica todos os cambios de formato.

Rexeitar todas

Rexeita todos os cambios de formato.

Editar cambios

Abre un diálogo no que se poden aceptar ou rexeitar os cambios de Corrección automática. Tamén é posíbel ver os cambios feitos por un autor determinado nunha data determinada.

Xestionar os cambios, lapela Filtro